A Banda da Escola de Música Rosalía de Castro
1996-1997 ~ director: don Ernesto Beteta Garmendia
Don Ernesto Beteta foi director da Banda de Silleda durante os anos 1960 e 1964, unha década despois de que o fixera o seu pai, don Tomás Beteta Yarza.
De 1993 a 1997 nomeárono director da Banda de Música de Santa Úrsula, en Tenerife, onde deixou unha fonda pegada como director musical polo labor realizado. Tocaba a frauta, entre outros instrumentos. Foi fundador de “Los Sabandeños”.
En maio de 1995 nomeárono profesor e director da EMUS18. O 16 de febreiro de 1996, o goberno municipal nomeouno en Xunta de Goberno Local director da Banda Municipal Rosalía de Castro e da EMUS19. Ocupará o cargo desde xaneiro de 1997 ata decembro dese mesmo ano. Debido a problemas de saúde, viuse na obriga de abandonar.
1997-2008 ~ director: don Manuel Ángel Sobral Rial
Natural da parroquia de Taragoña (Rianxo), onde comezou a súa andadura musical tocando o bombardino na Banda Infantil de Taragoña, realizou estudos de bombardino e trombón no Conservatorio de Música de Santiago, onde acadou o título superior nas dúas especialidades no curso 1997-1998.
En decembro de 1997 faise cargo da dirección da banda e realiza a primeira actuación en 1998. Ao longo dos anos de existencia, realizou actuacións por toda a comunidade, intercambios culturais e intercambios con outras bandas de música, e organizou o I Festival de Bandas da Vila de Padrón, que se segue a celebrar cada ano coincidindo co domingo de Pascuiña.
A banda contaba coa colaboración da EMUS, onde sete profesores se encargaban de formar musicalmente o alumnado. A agrupación impartiu clases nas parroquias de todo o concello, dentro do proxecto “Música na casa”.
- 18LVG, martes 18 novembro de 1997. Secc: Santiago, páxina 47
- 19Xornal La Voz de Galicia, sábado 17 febreiro de 1996. Sección: Comarcas, páx. 43