Patrimonio Capelas, que son? Ermida de San Amaro

Ermida de San Amaro (ou San Mauro) e Nosa Señora de Belén

Lugar Bexo
Parroquia San Xoán de Laíño
Construción Século XVII
ermida de San Amaro

Descrición

É de planta cuadrangular con ábsida cadrada na cabeceira e muros de cachotería, cunha bóveda de canón interior rebaixada. Cuberta a dúas augas con acabado en tella camba. Ten tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, tendo outra porta nun lateral.

Carece de calquera clase de ornamentación, presentando unha sinxela espadana rematada en cruz, na que pendura unha pequena campá. Ten dúas valiosas imaxes pétreas no seu interior, de San Pedro e da Nosa Señora de Belén. Medidas: 10,20 m. De longo e 6,35 m. De ancho (segundo AV San Xoán).

Debeu sufrir importantes modificacións na súa estrutura, figurando documentalmente unha reparación importante na década dos anos vinte. No verán de 1992, fíxose a última reparación: lavouse e encintouse a pedra e renovouse o tellado, colocado sobre trabes de formigón armado, incorporando como novidade un pequeno desnivel, dando así impresión, dende o exterior, de ser unha ermida con dous corpos diferenciados. As reformas tamén afectaron o seu interior, co repintado das paredes o reforzo da tribuna cunha trabe de formigón.

Fonte: Concello de Rois | Wikipedia | obaixoulla.gal | patrimoniogalego.net