Patrimonio Capelas, que son? Virxe do Bo Parto e do Leite

Capela da Virxe do Bo Parto e do Leite

Lugar A Igrexa, San Xián de Laíño
Parroquia San Xián de Laíño
Construción Século XVI-XVIII
capela da Virxe do Bo Parto e do Leite

Descrición

É un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 m. de longo aprox. por 4,50 m. de ancho), en obra de perpiaños e cachotería, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable dende o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro con dúas columnas monolíticas sen capitel e sobre bases cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 cm. aprox.

Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanil en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco carpanel de tres centros e presenta ao igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantería en resalte. O acceso ao edificio faise á través dunha escaleira de granito de cinco escadas. En setembro celébranse as festas no seu honor.

Fonte: Concello de Rois | Wikipedia | obaixoulla.gal | patrimoniogalego.net