Patrimonio Capelas, que son? San Xosé de Imo

Capela de San Xosé de Imo

Lugar Imo
Parroquia San Xoán de Laíño
Construción Século XIX
capela de San Xosé de Imo

Descrición

Templo de pequenas dimensións a carón da Casa Reitoral, na parte alta da aldea, construído en 1831. Ten planta rectangular e con fronte de cantería, que presenta unha porta principal de acceso de lintel recto e unha abertura circular por riba. Muros de cachotería e cuberta a dúas augas con tella curva sobre entramado de madeira. A cubrición coróase na súa fronte por unha estrutura de sección cuadrangular que gorece unha campá e está rematada en forma piramidal. Sufriu diversas modificacións. Atópase en bo estado de conservación.

Foi construída como alternativa á igrexa parroquial por ter esta moi difíciles accesos e con moi pouca asistencia de fieis. O párroco optou por dicir misa na capela todos os días a horas moi temperás para facilitar o traballo no campo. Co tempo, e a mellora dos accesos á parroquial, deixouse de usar diariamente. Pola súa situación no medio da aldea tamén se usaba para dar avisos coa súa campá.

Fonte: Concello de Rois | Wikipedia | obaixoulla.gal | patrimoniogalego.net