Cruceiro de Alfonsín
Lugar: Pedrouzos.
Denominación: cruceiro de Alfonsín, cruceiro Particular.
Tipo: B.
Historia:
segundo a inscrición data de 1889 por orde do matrimonio Pablo Alfonsín e
Consuelo Castro, da casa dos Manatos en Pedrouzos. Según as xentes desta casa
o cruceiro fixoo un canteiro de Lousame que traballaba moito por esta zona. Según
Clodio, trátase do "Canteiro de Chave" de Lousame. Según testemuñas do lugar o
cruceiro foi movido fai moito tempo, estaría máis próximo á aldea de Pedrouzos.
Cruceiro de Veiga
Lugar: Vilachán.
Denominación: cruceiro de Veiga, cruceiro privado.
Tipo: B.
Historia:
cruceiro pertencente a casa dos Veiga de Vilachán. A cruz e o capítel caéronlle no ano 1988 polo Ortensia, polo que se fixo unha exactamente igual e colocouse no sitio. O canteiro encargado de facela cruz e repoñela foi Ramiro Maroñas Garcia, natural de Agrelo, próximo a Noia. O mesmo canteiro quedouse coas pezas antigas rotas, existe o contrato de obra na casa dos Veiga. A antiga cartela de mármore tiña unha inscrición: " A DEVOCIÓN DE DOMINGOS SAMPAYO Y SU ESPOSA. EN PROPIEDAD 1940". Herminia Veiga quedou sin pais ós once anos, tempo máis tarde casouse e ós 20 anos tiña unha enfermidade que non lle permitía ter fillos. Ante isto o matrimonio decidiu facer ofrendas de misas e o cruceiro. Domino Sampaio esposo de Herminia. Tomouse a decisión de facer o cruceiro no 1929, pero na antiga inscrición da placa marmorea aparece o ano 1948, Herminia Veiga morreu con 90 anos no ano 1999, adoptaron a Elena Gloria Sampaio que tivo 6 fillos.
Cruceiro da casa do Vilar
Lugar: Verduga.
Denominación: cruceiro da casa do Vilar, cruceiro Privado. Casa particular de Jesús.
Tipo: B.
Historia:
cruceiro pertencente a casa dos Veiga de Vilachán. A cruz e o capítel caéronlle no ano 1988 polo Ortensia, polo que se fixo unha exactamente igual e colocouse no sitio. O canteiro encargado de facela cruz e repoñela foi Ramiro Maroñas Garcia, natural de Agrelo, próximo a Noia. O mesmo canteiro quedouse coas pezas antigas rotas, existe o contrato de obra na casa dos Veiga. A antiga cartela de mármore tiña unha inscrición: " A DEVOCIÓN DE DOMINGOS SAMPAYO Y SU ESPOSA. EN PROPIEDAD 1940". Herminia Veiga quedou sin pais ós once anos, tempo máis tarde casouse e ós 20 anos tiña unha enfermidade que non lle permitía ter fillos. Ante isto o matrimonio decidiu facer ofrendas de misas e o cruceiro. Domino Sampaio esposo de Herminia. Tomouse a decisión de facer o cruceiro no 1929, pero na antiga inscrición da placa marmorea aparece o ano 1948, Herminia Veiga morreu con 90 anos no ano 1999, adoptaron a Elena Gloria Sampaio que tivo 6 fillos.
Cruceiro da escola Martínez
Lugar: A Igrexa.
Denominación: cruceiro da escola
Martínez.
Tipo: C.
Historia:
na maioria dos cruceiros a súa historia sabese polas inscricións que se atopan nel, neste caso o cruceiro foi cambiado de sitio debido a construción da nova estrada que vai de Padrón a Noia por Lousame. Nese desprazamento é mais que problable que as pedras que compoñen o cruceiro fosen trocadas de lugar. Por iso o desciframento das inscricións son moi difíciles case é un rompecabezas. Desta inscricións o profesor Clodio González interpreta a data como do ano 1550, pola rusticidade do cruceiro, a forma de traballar o cristo e o pouco que podemos descifrar da inscrición a data pareceme a mais acertada.
Cruceiro Sóñora
Lugar: Sóñora.
Tipo: C.
Historia:
foi construido por devoción dos veciños no 1601, durante a parcelaría no 1987 procedeuse a súa limpeza, froito desta é a actual placa marmorea que tapa a inscrición orixinal. Ademais procedeuse a vallar a zona onde se ubica o cruceiro. Este cruceiro segue a ter moita devoción e marca o inicio do camiño sacramental cara a igrexa parroquial.
Casa do Campo
Lugar: Vilachán.
Denominación: Casa do Campo.
Tipo: C.
Historia:
no varal posúe outra serie de inscrición que nos falarían da súa orixe que diría: "Este crusero mandó hazer Jacinta Rodrígues Vertevalles y Lorenso Presa Teira vesiños de San Visenso de Augas Santas."