Cruceiro do cemiterio de Ermedelo
Lugar: cemiterio parroquial.
Denominación: Cruceiro do cemiterio de Ermedelo.
Tipo: B.
Historia:
este cruceiro foi mandado facer pola casa dos Sánchez Lago, que posteriormente deron permiso para pasalo ó cemiterio. Antigamente estaba situado no campo da festa que está ó caron da igrexa, estaba enriba dunha fonte onde hoxe ainda se conserva o pedestal orixinal do cruceiro e non posuia plataforma. Foi cambiado de lugar no ano 1990, froito deste traslado o Cristo dalle as costas á igrexa, cando na anterior ubicación miraba para a mesma. O cruceiro estaría datado nas primeiras décadas do século XX.