Cruceiro de Carrais
Lugar: Carrais.
Tipo: B.
Historia:
este cruceiro formaba parte do antigo camiño sacramental que ía a igrexa de Herbogo, a súa data de construción encontrámola nas inscricións do pedestal, 709. Coa chegada da parcelaría o cruceiro quedou dentro dunha finca propeidade de José Gens.
Cruceiro de Crespo
Lugar: Carrais.
Denominación: Cruceiro de Crespo, cruceiro propiedade de Claudio Proupin e Delfina Barbazán
Tipo: C.
Historia:
cruceiro situado á marxe dereita da estrada Rois-Urdilde, o seu paso pola aldea de Carrais. Cruceiro con moita devoción, sobre todo a imaxe de San Antonio, ó que se lle atan as pernas para pedirlle algo, para encontrar algún obxecto perdido ou mozo/a.