Cruceiro de Covas
Lugar: Covas.
Denominación: cruceiro de Covas.
Tipo: B.
Historia:
foi mandado facer por unha parella de anciáns que non puideran ter fillos, María e Manuel Bralo Gens, da casa de Xanica, na aldea de Covas. Polos nomes dos seus fundadores dedúcese que foi feito a principios do século XX, exactamente en 1909, data que aparece na inscrición do pedestal. Puido ser feito polo canteiro Andrés Castaño Castro, último dos canteiros de Chave.
Cruceiro Santa María de Leroño
Lugar: Santa María de Leroño.
Tipo: C.
Historia:
este cruceiro foi cambiado de lugar na década dos 70 antes estaba a uns 30 m. da súa situación actual, estaría no medio da aldea. Debido a este traslado perdeu a cruz orixinal e a cabeza de san Antonio de Pádua. A cruz orixinal era similar a do cruceiro que está diante da entrada ó adro da igrexa, na mesma aldea.
Cruz do monte
Lugar: Souto.
Denominación: Cruz do monte.
Tipo: F.
Historia: antigamente situada na marxe dereita do camiño sacramental, hoxe ese camiño desapareceu polo que a cruz está no medio do monte rodeada de maleza e árboles. Apenas se pode chegar a vislumbrar, precisase de guía para chegar a ela.