Cruceiro do cemiterio de Rois
Lugar: cemiterio de Rois.
Denominación: cruceiro do cemiterio de Rois
Tipo: B.
Cruceiro particular de Eulalia Vázquez
Lugar: Contimundi.
Denominación: cruceiro particular de Eulalia Vázquez.
Tipo: B.
Historia:
fai uns 30 anos foi cambiado de sitio, debido á extensión agraria ou parcelaría. Antes estaba no medio da aldea nunha encrucillada a uns 600 m. de onde esta hoxe.
Según a inscrición data de 1879 e sería promovido por antepasados dos actuais donos, naturais de Contimundi.
Cruceiro do Picón
Lugar: A Cubela.
Denominación: cruceiro do Picón.
Tipo: C.
Historia:
pertence ao camiño sacramental, a súa datación estaría nas
inscricións en 1670. Antigamente a xente da aldea reuníase ó redor del para rezar. O brazo da cruz rompeulle porque lle caeu unha árbore que estaban talando.