Cruceiro de San Lourenzo de Seira 1
Lugar: O Cruceiro.
Tipo: A.
Historia:
situado nun encrucillada da aldea da Peruca, formaba parte do antigo camiño Sacramental. A cruz que posúe non é orixinal, é de formigón, ninguén recorda como era a outra ou cando foi trocada pola actual.
Cruceiro de San Lourenzo de Seira 2
Lugar: O Cruceiro.
Tipo: B.
Historia:
en 1716 os fillos dunha familia da zona sofriron un desgraciado accidente que rematou coas súas vidas. Os pais, María e Juan, como ben indican as inscriccións do pedestal, mandaron facer este cruceiro que recorda ós fillos mortos.
Cruceiro do Casal
Lugar: O Casal.
Tipo: B.
Historia:
este cruceiro foi feito no 1987 polo matrimonio Francisco Cruces Franco e María Rivas. O señor Francisco sempre quixo facer un cruceiro, feito que acobou levando a cabo. Encargoulle a obra a un escultor da parroquia de Calo, chamado Manuel que traballaba co seu fillo.