Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Hermitas Rodríguez Bustelo.
Historia:
a propietaria, duns setenta anos, di que lle acorda toda a vida o hórreo, non puido precisar cronoloxía.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: moi malo, o claro do Norte está totalmente en estado ruinoso, faltándolle toda a madeira e a cubrición, e cuberto en parte de vexetación. Os outros claros están pechados con ladrillo, así como os gabinetes, que se empregan como galiñeiros, e teñen a cubrición reformada (con uralita e tella plana). O claro Sur, inclusive, ten un galiñeiro adosado ó seu gabinete.
Propiedade: privada, de tres propietarios: Fernando Vila Brión (claro Norte, actualmente abandonado en estado ruinoso); Obdulia Citoula Fabeiro (os dous claros do medio) e Rafael Francisco Baleirón (claro do Sur).
Historia:
di un dos seus propietarios que é moi antigo, e que antigamente era dun só propietario (da familia dos Ferreirós). Pola factura parece, efectivamente, de certa antigüidade.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: regular, introduce materiais de construción modernos (ladrillo e cemento) nos claros e gabinetes e na cornixa.
Propiedade: privada, de Dolores Calvo Abuín.
Historia:
os veciños consultados non puideron concretar a antigüidade, aínda que din que debe ser antigo.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: en mal estado, a madeira consérvase bastante mal, a cubrición foi renovada e introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento.
Propiedade: privada, de Ángel Varela Romero.
Historia:
a tía do propietario di que acorda toda a vida o hórreo aí. Por factura debe ser antigo.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado, vexetación na cubrición e con cemento e ladrillo nos gabinetes e claros.
Propiedade: privada, de Inés Viturro Carou.
Historia:
data de 1928 segundo reza no frontispicio.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: moi malo, en estado ruinoso. A madeira está en moi mal estado, faltando nalgún claro e cuberta de vexetación no lateral Oeste. Non conserva a cubrición nin os remates, e apenas mantén unha das pedras das sobrepenas. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: dos irmáns Manuel Romero Reboiras e Otilia Romero Reboiras.
Historia:
este hórreo parece ter moita antigüidade, segundo nos comentou un veciño, e polo que parece pola súa propia fábrica. Nesta Eira había orixinalmente un cuarto hórreo, no ángulo SL, que foi levado de aí para a aldea de Paizal (sendo o hórreo 1 de Paizal).
Segundo nos relatou o mesmo veciño, nesta Eira mallábase con manlle, que o chan era de barro e que no centro da mesma había enterrado un pote de fundición para que ó mallar fixese ruído.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: malo, coa madeira e a cubrición en mal estado e en parte cuberto de vexetación. A pedra vese tamén cuberta de líquenes. Se recomenda restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: os dous claros do Norte de Guillermo Calvo e os dous claros do Sur de Dolores Calvo.
Historia:
este hórreo debe ser antigo, segundo os veciños, pudendo ser contemporáneo ó hórreo 5 de Traxeito (anos vinte do século pasado).
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado e con ladrillo nos gabinetes.
Propiedade: privada, de dous propietarios: os irmáns Antonio e Ramón Fabeiro.
Historia:
os veciños consultados non nos souberon concretar a antigüidade; parece que podería situarse nos anos 20/30 do século pasado en función da súa similitude con outros hórreos do concello.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado, a pedra manchada con líquenes e con ladrillo pechando os gabinetes.
Propiedade: privada, de Isaura Bustelo.
Historia:
data de 1874, segundo reza no frontispicio.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: regular, coa madeira gastada e introdución de materiais de construción modernos, como o ladrillo nos gabinetes e a tella plana na cubrición. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Sara Romero Bustelo.
Historia:
data do ano 1856, segundo reza no frontispicio, construído por Pedro de Ferreirós. Sempre foi dun único propietario, o que indica que era dunha familia moi adiñeirada, con moitas leiras.
Hórreo de Traxeito
Estado de conservación: malo, coa madeira e moi mal estado, ó igual que a cubrición. A pedra está chea de líquenes e musgo. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Dolores Figueira Romero.
Historia:
data do ano 1870, segundo reza no frontispicio. Parece que pertencía a outro veciño que construíu este hórreo nesta finca para que estivera máis protexido. Recentemente foi comprado pola filla da propietaria do hórreo 10 e da vivenda da finca.