Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: regular, coa madeira en malas condicións. Sería preciso limpar a pedra e a cubrición, e cambiar a madeira.
Propiedade: privada, de Marina Muñiz González.
Historia:
no pinche frontal é visible, aínda que algo gastada, a inscrición “Año 1841”. Di a actual propietaria que era do seu avó, que llo deixou en herdanza ao seu pai e que deste pasou a ela. Parece que o cambiaron de sitio, orixinariamente atópabase no lateral da casa á que pertence.
Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo, ten a madeira en mal estado e introduce materiais de construción moderna, como ladrillos, cemento e malla metálica nos gabinetes e uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Sara Reboiras Rey e Carmen Rey Reboiras.
Historia:
di unha veciña que se trata dun hórreo antigo, que as actuais propietarias recíbirono en herdanza dos seus avós. Sería, como no caso do hórreo 1, de mediados do século XIX.
Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición atópanse en malas condicións, e sería preciso limpar a pedra, a repisa e o entorno.
Propiedade: privada, de Rosa González.
Historia:
parece que é moi antigo, de máis de cen anos. Aínda se garda o millo nel.
Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo. A madeira está en malas condicións. Non conserva a cubrición orixinal, a actual é de uralita. Habería que limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación, xunto co hórreo 5, situado na mesma finca a escasos metros.
Propiedade: privada, de varios propietarios: de Delfina Josefa Rivas Rivas (viúva de Manuel Rodríguez Deza), os dous claros do sur; e de Carmen Rey, o claro do norte.
Historia:
de mediados do século XIX. Construino Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viuva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que actualmente non se ve. Parece que foi feito en imitación do hórreo 5.
Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: moi malo. Apenas conserva a madeira e a cubrición. Habería que limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación, xunto co hórreo 4 de Rial, situado na mesma finca a escasos metros.
Propiedade: privada, de varios propietarios: de Delfina (viúva de Manuel Rodríguez Deza), e dos fillos de Donato Reboiras Rodríguez, o claro leste.
Historia:
de mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Parece que este sería algo máis antigo que o hórreo 4, que se fixo en imitación deste.
Hórreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: regular. A madeira e a cubrición foron renovadas polos propietarios. Introduce materiais de construción modernos, como o cemento, o ladrillo e a malla metálica. Faltaríalle un claro, que non se montou cando se trasladou o hórreo de sitio.
Propiedade: privada, de José Vicente Ares Tobío.
Historia:
di o fillo do propietario que debe ser dos primeiros anos do século XX. Orixinariamente estaba situado no centro da aldea, no interior da propiedade da casa número 28, onde se atopa o reloxo de sol 1 de Rial, propiedade desta mesma familia. Tiña outro claro, que facía un lixeiro ángulo con respecto ao resto do hórreo, pero cando o trasladaron de lugar non o reconstruíron.