Hórreo de Teaio
Estado de conservación: sería necesaria a limpeza da pedra.
Propiedade: comunitaria.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, terá máis de 100 anos. Este hórreo localizábase orixinalmente no extremo occidental da aldea, na zona coñecida como Nava (Estado de conservación.- malo, substituiuse a madeira por ladrillo e presenta tamén ladrillo e cemento nos gabinetes. A cubrición atópase en mal estado, cuberta de musgo, así como a pedra).
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, substituíse a madeira por ladrillo e a tella do país por uralita. Tamén presenta ladrillo e cemento nos gabinetes, e non conserva completos os remates da fronte norte. A pedra está sucia.
Propiedade: privada, dos herdeiros de Carmen Rial Castro (“A Cachota”).
Historia:
de principios do século XX, no pinche do hórreo é visible unha data, aínda que algo gastada, 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, a madeira substituíse por ladrillo, material que tamén é visible nos gabinetes. Orixinalmente era máis grande, perdendo un claro no traslado desde o seu emprazamento orixinal. A pedra está bastante cuberta de musgo e líques.
Propiedade: privada, de Ramón Gómez Romero.
Historia:
segundo o propietario, terá preto de cen anos. Orixinalmente era máis grande, e atopábase uns metros máis ao NE, pero construiron unha casa nese lugar e trasladárono ata onde se atopa, quitándolle un claro.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: mala, substituíuse a madeira por ladrillo, este material tamén está presente nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de María Baleirón Vázquez.
Historia:
segundo se desprende da inscrición visible no pinche sur, tal e como recolle a ficha de Patrimonio, dataría do ano 1869. Sería un dos hórreos máis antigos da aldea e da parroquia. Non obstante, pola tipoloxía da construción coidamos que se corresponde máis cun hórreo construído a principios do século XX.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, substituíuse a madeira por ladrillo, e da tella do país por uralita. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Divina Ordoñez Buela e Jesús Villanustre.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, é de 1913, ano visible no frontispicio sur, aínda que actualmente non se distingue a inscrición. É un dos hórreos máis antigos de Teaio.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: moi bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, Josefa Castro Castro.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de 1878, tal e como figura no seu frontispicio sur, ano que coincide coa extensión do cultivo do millo na parroquia.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, en estado de abandono, con parte da madeira e a cubrición en malas condicións, as tellas e a pedra atópanse cubertas de vexetación.
Propiedade: privada, de Bertina Gómez Romero (viúva de Manolo Garrido).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría da década de 1920. Pola tipoloxía do hórreo, semella de comezos do século XX.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, en estado de abandono, coa madeira e a cubrición en malas condicións. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de Jaime Garrido.
Historia:
por tipoloxía debe ser un dos máis antigos do conxunto de Teaio, do século XIX ou principios do século XX.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, introduce materiais de construción moderna, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes e nos claros e a uralita na cubrición. Así mesmo, a madeira que conserva nos claros non se atopa en boas condicións.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Áurea Garrido Gómez e Amelia Saborido.
Historia:
segundo nos comentou unha das propietarias, de 85 anos, o hórreo é moi antigo, recórdao toda a vida. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, sería de principios da década de 1920.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: bo, actualmente restaurado, coa madeira e a cubrición novas.
Propiedade: privada, de Liberto Sóñora Sóñora.
Historia:
segundo comentou o anterior propietario, este hórreo debe ser un dos máis antigos da aldea, aínda que actualmente está reformado e introduce elementos novos. Debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Teaio
Estado de conservación: malo, fáltalle parte da madeira dos claros, que se substituíu por ladrillo, e tamén se cambiou a tella do país por tella plana. Ademais, presenta cemento nos gabinetes, e fáltalle un claro que tería orixinalmente.
Propiedade: privada, de Divina Vázquez.
Historia:
En orixe tiña un claro máis, pero que cando abriron a actual pista elimináronllo. Parece tratarse dun hórreo antigo, aínda que está moi modificado.