Hórreo de Castro
Estado de conservación: malo, xa que a madeira e a cubrición están en malas condicións, e o entorno atópase abandonado. Recoméndase encarecidamente a súa conservación.
Propiedade: privada, moi compartida entre varias familias: herdeiros de Manolo Otero (as do Prado), Josefa Ares Castro (“A Ardeira”) e Carmen Tourís (“A Casala”).
Historia:
data, segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, do ano 1860, ou incluso anterior. Hórreo que presenta peculiaridades moi chamativas, como o pasadizo na plataforma. Formidable exemplo pétreo que indica a potencia económica da familia propietaria orixinal. Está vinculado á figura de Xan Quinto, famoso bandido de principios do século XX.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: malo, conservando mal a cubrición e a madeira, que en dous claros foi substituída por ladrillo nos anos 60. Introduce materiais de construción moderna, como o cemento e o ladrillo, nos gabinetes e claros, e a uralita, na cubrición. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres veciños: Manolo García (o claro do reloxo de sol), Josefa Ares Castro (“A Ardeira”) e María Lestido.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é do ano 1869, data visible no frontispicio norte, que na actualidade non se consegue distinguir. Atópase en uso. Parece tratarse dun dos hórreos máis antigos da parroquia.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: malo, coa madeira en malas condicións e a cubrición en estado ruinoso. No extremo sur hai un claro totalmente perdido. Cuberto nunha parte pola vexetación. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios veciños: Josefa Ares Castro (“A Ardeira”), Regina Citoula, Guillermo Reboiras, herdeiros de Manuel Deza, herdeiros de Josefa Castro Ares e María Salgado (“A Carreteira”).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece tratarse do hórreo máis antigo de Castro, situándose en anos inmediatamente anteriores a 1860 (en función dos datos históricos dos outros hórreos). É un exemplo único das súas características nesta aldea e, probablemente, de toda a parroquia. Sinalar que nesta Eira de Abaixo, que era privada, había un terceiro hórreo, coñecido como o Hórreo da Ardeira, de madeira, con pés de pedra e tornarratos circulares, do que hoxe tan só quedan unhas pedras dispersas. Erguíase entre os hórreos 3 e 4.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, completamente arruinado. A madeira e a cubrición están en pésimo estado. Un dos propietarios colocou ladrillo na metade dun claro. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios veciños: Ramón Vicente Bustelo (“Moncho do Castriño”, os dous claros dos extremos) e herdeiros de Manuela Rodríguez (o claro do medio).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é da década de 1860. Sinalar que nesta Eira de Abaixo, que era privada, había un terceiro hórreo, coñecido como o Hórreo da Ardeira, de madeira, con pés de pedra e tornarratos circulares, do que hoxe tan só quedan unhas pedras dispersas. Erguíase entre os hórreos 3 e 4.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, totalmente alterado. A madeira foi substituída por ladrillos e a cubrición de tella por uralita. Os gabinetes tamén aparecen pechados con ladrillo. O entorno é igualmente reprobable, embutido entre alpendres de cemento e ladrillo.
Propiedade: privada, de Francisco Casal (“O Pastorizo”).
Historia:
un veciño, de máis de setenta anos, recordábao toda a vida alí, polo que debe ser antigo, aínda que non soubo concretar a data de construcción. Pertencería a comezos do século XX.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, en estado ruinoso e de absoluto abandono, apenas conservando a madeira e practicamente sen a cubrición de tella. Cuberto pola vexetación. Sen remates.
Propiedade: privada, de tres propietarios, dos que só se citan dous: Luisa Bondad Seoane e María Rosa Santiago Tourís.
Historia:
segundo os veciños sería antigo de máis de setenta anos.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, co corpo deformado, inclinado para un lado, en total estado de abandono.A cuberta orixinal foi cambiada por unha de uralita, e a porta frontal de madeira primitiva substituída por unha de chapa. O entorno tamén está moi descoidado.
Propiedade: privada (típico hórreo unifamiliar), dos fillos de Delfina Rial.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, podería ser de 1860, aínda que é imposible determinar a súa cronoloxía. Parece que foi desprazado da súa localización orixinal.
Hórreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición presentan moi malas condicións, sobre todo no terceiro claro. Non conserva o remate traseiro e ten uralita debaixo da tella da cubrición. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación.
Propiedade: privada, moi compartida entre varias familias: Ernesto Aído Abuín, Josefina Rial Ares e Manuela Ares Miguens (dous claros).
Historia:
por analoxía cos demais hórreos, pode datar da década de 1860.