Hórreo de Paizal
								Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios.
                            
								
								Propiedade: privada, de Roberto Manuel Romero Otero.
								Historia:
								unha veciña indica que é moi antigo, que o trouxeron desde Traxeito ata a actual localización,
                                 sendo a orixinal o lugar coñecido como a Eira de Traxeito.
							
Hórreo de Paizal
								Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición atópanse en mal estado, non conserva a cruz e introduce materiais de construción moderna (cemento) para substituir a madeira do penal traseiro.
								
								Propiedade: privada, de Rosa Vázquez.
								Historia:
								unha veciña sinala que é antigo, que non recorda a súa construción.
							
Hórreo de Paizal
								Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición atópanse en malas condicións, non conserva a cruz do remate e a pedra habería que limpala, así como o entorno. Recomendase restauración.
								
								Propiedade: privada, de Ana Mene.
								Historia:
								segundo o marido da actual propietaria e os veciños consultados, parece que sería un hórreo moi antigo, igual de máis de 200 anos.
							
Hórreo de Paizal
								Estado de conservación: malo, non conserva a madeira que foi substituída por ladrillo, nin a cubrición orixinal de tella, actualmente é de uralita, e os remates de cemento.
								
								Propiedade: privada, de Orestes Castro Crismán.
								Historia:
								a muller do propietario non soubo concretar a antigüidade deste hórreo. Debe ser antigo pero está moi reformado con ladrillo e cemento.
							
Hórreo de Paizal
								Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición están en malas condicións, ten partes en cemento nas cepas e a pedra precisaría unha limpeza.
								
								Propiedade: privada, de Gonzalo Mariño Rodríguez.
								Historia:
								este hórreo pertence a un conxunto de construcións formado por casa tradicional de pedra e pombal, todo de máis de cen anos de antigüidade.
							





