Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, en total estado de abandono, faltándolle practicamente toda a madeira dos claros. O tellado, que é un raro exemplo de cubrición de lousas, único coñecido no concello, está tamén moi arruinado. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, dos herdeiros de Ramón Gómez Iglesias.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de finais do século XIX (de entre 1879 e 1880) por analoxías con outros hórreos.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: moi mala, coa substitución da madeira por ladrillo en dous claros e medio, mentres que a que conserva no resto está arruinada. A cubrición tamén se atopa en pésimas condicións. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, dos herdeiros de Elisa Vilas Tobío.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX, pero non hai referencias concretas sobre a súa cronoloxía. Seguramente se construíu antes de 1920 por analoxía con outros hórreos.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: bo, coa madeira dos claros e as tellas da cubrición restauradas. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de Nieves Vilas Tobío.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de arredor de 1880, ano en que culmina o cultivo do millo na aldea de Bustelo. Parece que tanto a cruz funeral, como pináculo e o reloxo de sol foron engadidos posteriormente.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa madeira dos claros e a tella de cubrición en mal estado, e coa introdución de ladrillo, elemento de construcción moderna, nos gabinetes.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Alfredo Sóñora Sóñora e Elvira Vázquez Vázquez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data aprox. do 1880, por analoxía con outros hórreos da aldea.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira dos claros por ladrillo.
Propiedade: privada, de José Pérez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, a estrutura básica pode situarse antes de 1920, debido á semellanza con outros hórreos. Non existe documentación.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: regular, debido ao paso do tempo. A madeira e a cubrición de tellas están moi gastadas. Tamén sería preciso limpar a pedra. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Consuelo Vázquez Rial.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría aproximadamente de 1880, debido á súa formidable estrutura, á súa rusticidade á sinxeleza dos seus elementos. Por outra parte, nesta época é cando se asenta definitivamente o cultivo do millo nesta aldea. Parece que o cultivo do millo en Bustelo introdúcese con 150 anos de retraso. Namentres que nos núcleos de poboación situados no val do Ulla, reciben os primeiros grans de millo na segunda metade do século XVIII (por 1776) a Bustelo chegan en 1880, e con menos forza coa que se implantan nas outras aldeas da parroquia. Bustelo era un núcleo afastado, sen ningún tipo de relación, non só por falta de vías de comunicación, se non tamén porque era unha aldea de leprosos, tanto, que nos libros da parroquia nunca figura como Bustelo se non como Guixar.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa madeira dos claros e as tellas da cubrición gastadas, e coa introdución de elementos de construcción moderna como o cemento e ladrillo nos gabinetes.
Propiedade: privada, de María Tobío Rodríguez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de finais do século XIX (1879), por analoxías con outros hórreos. A familia propietaria carece de documentación.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, non conserva a madeira dos claros, que foi substituída por ladrillo. Introduce este material tamén nos gabinetes. A cubrición, aínda que de tella do país, atópase en mal estado.
Propiedade: privada, de Rosario Baleirón Sóñora.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, esta construcción sería anterior á década de 1920, pola súa similitude con outros hórreos desta aldea. Carécese de documentos.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, en estado de abandono e ruína. Fáltalle toda a madeira dos claros, a tella da cubrición está en malas condicións e o entorno moi cuberto de vexetación. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, da familia Castaño.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de arredor de 1880, por analoxía con outros hórreos de Bustelo.
Hórreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira dos claros por cemento. A cubrición, de tella do país, atópase en malas condicións.
Propiedade: privada, de Isaura, viúva de José Rodríguez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo foi construído probablemente na década de 1880, por analoxías con outros hórreos da aldea, e modificado no ano 1960, momento no que se substituíu a madeira polo cemento.