Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado polos propietarios hai uns dez anos, cambiando a madeira, a cubrición e a cruz, derrubada por un ciclón nos anos trinta.
Propiedade: privada, de Nieves Baleirón Calvo.
Historia:
di a propietaria que ten máis de cen anos, aínda que non pode precisar a súa antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, non conserva as madeiras dos claros, que foron substituídas por ladrillo, e tamén presenta outros materiais de construción moderna como o cemento ou a tella plana.
Propiedade: privada, de María Teresa Somoza González.
Historia:
di a propietaria que non sabe concretar a antigüidade, pero que ten máis de cen anos. Pola súa factura parece, efectivamente, ter certa antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, totalmente abandonado. A madeira e a cubrición están en moi malas condicións. O entorno adoece tamén dun gran abandono. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: o claro do medio é de Francisco Rodríguez Ferreirós e os dous claros dos extremos de Manuel Ferro.
Historia:
un veciño de 82 anos díxonos que o recorda aí toda a vida, pero que non sabía precisar a súa cronoloxía. Probablemente ten máis de 100 anos. Nesta Eira quedan restos doutro hórreo, de maior tamaño, que tan só conserva en pé a repisa, de perpiaño, sendo visibles os pés tirados encima dela. Pertence aos herdeiros de Manuel Abuín Morales.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, a madeira atópase en malas condicións, empregouse cemento para reforzar a estrutura, e sería preciso limpar a vexetación que o tapa parcialmente. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Manuel Ferro.
Historia:
di unha das propietarias que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a súa cronoloxía. Probablemente teña máis de cen anos. Nesta Eira, ao leste, quedan restos doutro hórreo, permanecendo en pé tan só os pés e os tornarratos transversais, atopándose cuberto de vexetación. Pertence aos herdeiros de Manuel Abuín Morales.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, en estado de abandono. A madeira atópase en malas condicións. A repisa está cuberta de vexetación e a pedra manchada. Fáltalle a cruz. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Josefa Gómez.
Historia:
unha veciña consultada non soubo concretar a antigüidade deste hórreo, pero recórdao alí toda a vida. Por tipoloxía debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, en estado de abandono. Tanto a madeira como a cubrición atópanse en malas condicións. Parcialmente cuberto de vexetación. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Eugenio Trillo (parece que non todo, algunha parte sería dalgún familiar).
Historia:
unha veciña sinalou que debía ser antigo, de máis de cen anos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, en ruínas e situación de abandono. Apenas conserva a madeira, e a que ten atópase en moi malas condicións. O mesmo ocorre coa cubrición. Aconséllase a súa restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: o claro do sur é de Adelina Reboiras Rodríguez; o claro do medio é de Manuel Otero Rodríguez (casa nº 80) e o claro do norte de Agustina Romero Abuín.
Historia:
os veciños consultados aseguraron que era moi antigo, que terá máis de cen anos, incluso fálase de douscentos. Por factura tamén parece ter bastante antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, atópase en ruínas e nunha situación de abandono. Tanto a madeira como a cubrición presentan moi mal estado. Aconséllase a súa restauración.
Propiedade: privada, pero de propietario descoñecido, xa que pertence á casa que queda ao oeste da vivenda nº 80, polo que sería a casa nº 79, pero non se repartiron as propiedades dende hai moitos anos, así que descoñécese a quen pertence. Parte parece que sería da vivenda nº 73, da familia coñecida como dos de Coviñas.
Historia:
os veciños consultados aseguraron que é moi antigo, de máis de cen anos. Por factura parece ter bastante antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, a repisa foi feita de novo, con cemento, a madeira está gastada e a cubrición orixinal tamén foi renovada e cambiada por uralita.
Propiedade: privada, de Severo Rial Lourenzo.
Historia:
a cuñada do propietario sinalou que debe ser antigo, e que foi cambiado de sitio, pois antes estaba diante da casa á que pertencía. Aínda se emprega para gardar o millo.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición atópanse en moi malas condicións, está cuberto de vexetación, nun absoluto estado de abandono. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: o claro do norte é de Marina Muñiz González e o seu marido Manuel Romero, e os outros dous claros son dos irmáns Santiso Castaño (familia dos Brañeiro).
Historia:
unha das súas propietarias sinala que ten que ser moi antigo, que terá bastante máis de cen anos, se cadra case douscentos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición atópanse en malas condicións, faltálle a porta frontal e é visible unha parede interior de ladrillo separando o claro do norte do resto. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Rosa Queiruga Ferro.
Historia:
di a filla da propietaria que debe ser moi antigo, cerca de douscentos anos, xa que o seu avó herdouno da súa nai. A propietaria, que ten cen anos, lémbrase cando, sendo moi pequena, os canteiros foron coller pedra ao monte de Bexo para facer a actual plataforma que da acceso ao hórreo polo lateral leste. Os claros chegaron a estar repartidos entre 14 persoas, todas familiares.