Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, antigamente da familia Aguirre. Actualmente, os propietarios son o matrimonio formado por Joaquín Marrero e Sara Sieira.
Historia:
a ficha do Inventario de Patrimonio sinala que foi construído no ano 1758 (primeiros indicios do cultivo do millo nesta zona). Parece que o ano está documentado nos anais da familia Aguirre. Ademais, os canteiros construtores foron os mesmos que construíron a igrexa parroquial (1754) e a casona dos fidalgos. A familia Aguirre, de orixe vasca, estableceuse en Imo no século XVIII. Posuidores dunha cuantiosa fortuna en terras, enchían os tres hórreos que posuían a base de “medias” ou rendas que percibían na colleita de Teaio, Imo e Castro, ademais da freguesía inmediata de San Xián.
Na época que se corresponde en Galicia coa Ilustración e durante o reinado de Carlos III, chegaron a estas latitudes familias completas de vascos que se dedicaron, entre outras cousas, ao cultivo do millo. Para iso, mercaron terras en abundancia que despois arrendaban a labradores necesitados.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi mala, en situación de ruína e de abandono. Apenas conserva a madeira dos claros e a cubrición. Atópase totalmente cuberto de vexetación.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Inés de Vitorio; do matrimonio formado por Joaquín Marrero e Sara Sieira (antigamente propiedade da familia Aguirre), e aínda hai outra propietaria, que é de Valencia.
Historia:
máis ou menos contemporáneo aos outros hórreos de Aguirre (hórreo 1 e hórreo 2 de Imo), polo que dataría do ano 1758. Os canteiros procedían dos obradoiros de Cimadevila (Boiro).
Hórreo de Imo
Estado de conservación: mala, cos pés recebados con cemento para construír un espazo pechado de uso doméstico. Non conserva a cruz. Sería preciso cambiar a madeira, a cubrición e limpar a pedra.
Propiedade: privada, de Concepción Ares González, da familia Deza, alcumada “Cabanas”.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, é do ano 1758, cando ten lugar a construción da maioría dos hórreos de Imo, polos mesmos canteiros que ergueron a igrexa parroquial. Non hai datos fidedignos, aínda que a familia alegou a existencia de documentación. Datouse este hórreo, polas súas características, no tempo en que o cultivo do millo acadou estabilidade na comarca, é dicir, na segunda metade do século XVIII.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: regular, restaurado polos propietarios, coa madeira e a cubrición reformadas, aínda que non conserva os remates e introduce uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de María Resúa Buela, da familia Resúa, tamén chamada Cotobade.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é da primeira década do século XX, aínda que a súa estrutura probablemente sexa anterior, polo menos media centuria. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi malo, debido ao paso do tempo e ao abandono. Tan só conserva intacta a estrutura de pedra, mentres que a madeira e a cubrición atópanse en malas condicións, sobre todo no claro do norte. Sería preciso tamén, ademais de renovar a madeira e a cubrición e limpar a pedra. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: o claro do sur, de Jesús Gómez; o seguinte claro de Dolores González Conde; o terceiro claro de Ramón Abuín e o claro do norte (en ruínas) dos fillos de Encarnación Viturro.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, sería do ano 1856, época do apoxeo do cultivo do millo. Nesta Eira Vella mallábase o liño. Actualmente, a eira está delimitada por un peche de cemento, obra dun veciño.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, parte da madeira substituíuse por ladrillo, nos dous claros do oeste, a restante atópase en moi malas condicións. Non se conservan os balaústres no claro do leste, que está en ruínas. A cubrición presenta un pésimo estado, sobre todo no claro do leste.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Carmen Collado Lestido, o claro do leste; o claro do medio de Francisco Martínez Rodríguez; e os dous claros do oeste de Angelita Rodríguez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de principios do século XX, aínda que pode ter máis antigüidade.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi malo, preséntase moi alterado ou modificado. Consérvase a madeira nun só claro, e nun só lateral; o resto substituíuse por ladrillo e cemento, tanto nos claros como nos gabinetes. Tamén ten uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Celsa Martínez Bustelo (casa nº 1) e Josefa, propietaria da que non se teñen máis datos.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de principios do século XIX (entre 1800 e 1830), etapa de implantación do millo como cultivo nesta zona. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: mala, coa madeira e a cubrición en mal estado. Así mesmo, faltan pedras na parte superior da repisa. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada. Formou parte do herdo dunha familia poderosa e labradora, a de Loureiro. Actualmente é dos sobriños.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, sería de principios do século XIX, segunda época de apoxeo do millo (entre 1800 e 1830), con todas as reservas. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi malo, coa madeira e a cubrición nunha deplorable situación. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, da familia Loureiro, propietarios tamén do hórreo 9.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, sería da primeira metade do século XIX, seguramente anterior a 1840, coincidindo co florecemento do cultivo do millo na parroquia.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi malo, coa madeira en pésimas condicións. Atópase abandonado. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: eclesiástica.
Historia:
a ficha do Inventario de Patrimonio sinala que sería contemporáneo á construción da casa reitoral, rematada en 1758, é edificada case simultaneamente co templo parroquial (1754) xunto con outras dependencias civís. Non obstante, os veciños pensan que pode ser posterior. Durante tempo serviu para gardar o millo que, polo mes de novembro, e para as almas do purgatorio, recibía o crego dos veciños. Ateigábase, e ás veces a súa capacidade resultaba insuficiente. Tamén era obxecto de roubos con frecuencia.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, coa madeira e a cubrición en malas condicións, e coa introdución de materiais de construción moderna, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes. Así mesmo, non conserva completa a cruz.
Propiedade: privada, de Rosa González (da familia coñecida coma “de Fino”).
Historia:
a propietaria actual non soubo concretar a súa cronoloxía, pero xa existía no tempo dos seus avós. Esta familia adquiriu notable relevancia debido a un crego que houbo nela na primeira metade do século XIX.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, coa introdución de cemento nos gabinetes e no encintado da repisa. Non conserva os remates. Precisa cambiar a cubrición e a madeira. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Ramona Josefa Abuín Collazo.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1850 (coincidindo co florecemento do cultivo do millo nesta parroquia), con reservas. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, a madeira foi substituída por ladrillo, e introduciuse cemento nos gabinetes e uralita na cubrición.
Propiedade: privada, dos fillos de José de Porto.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, a estrutura orixinal debe situarse na primeira metade do século XIX (tendo en conta a pequena historia da Eira das Cabanas). Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, presenta cemento e partes metálicas nos gabinetes e uralita na cubrición. Sería preciso renovar a madeira e a cubrición.
Propiedade: privada, de Luís Vicente Deira.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1840, aínda que con moitas dúbidas, xa que constitúe unha excepción no seu formato arquitectónico. Actualmente atópase en uso. Trátase do único hórtreo de Imo conservado en madeira.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: malo, parte da madeira substituíuse por ladrillo, e presenta uralita na cubrición. Á cruz do remate fáltalle un brazo.
Propiedade: privada, de María del Carmen Abuín (muller de Pepe do Porto).
Historia:
na ficha do Inventario de Patrimonio data, como os demais do conxunto, na primeira metade do século XIX, en torno a 1840, época da primeira explosión do cultivo do millo na zona.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, é o hórreo que se atopa en mellor estado do conxunto, aínda que sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de dous irmáns, coñecidos como “os de Miguel”.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría da década de 1920, con posteriores modificacións. Foi construído por un tal Bernardo, para unha familia podente. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, aínda que habería que cambiar a madeira e a cubrición e limpar a pedra.
Propiedade: privada, da familia coñecida como “os de Pan”, con relevancia na parroquia pola súa riqueza, polo seu pazo e pola súa notable participación na política durante o reinado de Alfonso XIII. Sr. Manuel, membro desta familia, chegou a ser alcalde de Dodro antes da República; e que pertencía ao notable do partido conservador de Cánovas.
Historia:
situado na primeira metade do século XIX, como a maioría dos hórreos deste lugar. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: regular, presenta cemento nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra e a cubrición.
Propiedade: privada, da familia antes coñecida como “a do crego” e actualmente como “o Fino”. O alcume procede dun tal Frei Alonso, probablemente un crego franciscano exclaustrado.
Historia:
da primeira metade do século XIX. Segundo as referencias, trátase dun dos hórreos máis antigos de Imo, pero a actual estrutura situaríase na primeira metade do século XIX, cando a actual familia propietaria adquiriu relevancia cun crego que houbo nela. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que lle falta a cruz.
Propiedade:-
Historia:
na ficha de Patrimonio indícase que é anterior a 1920, segundo a propietaria. Actualmente atópase en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que lle falta o pináculo.
Propiedade: privada, pertence a dúas familias emparentadas e que vivían nun recanto cerrado chamado “ O Corral”.
Historia:
na ficha de Patrimonio se refire que é de finais do século XVIII (aprox. 1758), época en que o cultivo do millo acaba impoñéndose na zona. Probablemente é o hórreo máis antigo do conxunto. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que habería que facer un pequeno arranxo na cubrición.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Ramona Franco Vidal e fillos de María Buela.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, con reparos, da segunda metade do século XIX, segunda oleaxe de cultivo de millo que se verifica despois de 1873 ou, en todo caso, tras o ano da fame de 1861. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que conserva incompleta a cruz, sen os brazos.
Propiedade: Pertence a unha familia de certa prosapia que tivo un importante rol no desenvolvemento da parroquia. Era unha das tres familias do Corral.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio se sitúa nos derradeiros anos do século XVIII (probablemente 1758), finalizada a construción do templo parroquial. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: moi bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira.
Propiedade: o primitivo dono foi D. Francisco Rial, fidalgo menor de alto señorío no lugar onde posúen casa solarega. O dono foi cofundador da parroquia de San Xoán.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio é, exactamente, de 1754. Parece que foi construído por integrantes dos obradoiros de Cimadevila (Boiro), obradoiros dos discípulos de Simón Rodríguez. Trátase do hórreo máis antigo da parroquia. Había outro hórreo xémeo, o Hórreo de Buela, trasladado a outra aldea (Vacariza) por modificación do ancho da calzada. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira.
Propiedade: é dunha das familias máis antigas da parroquia.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, foi feito entre 1754 e 1758, incluso pode ser anterior, sendo un dos primeiros hórreos construídos do conxunto. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que non conserva os remates.
Propiedade:-
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio é posterior a 1758 pero anterior a 1800. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira.
Propiedade: privada, dunha das familias consideradas coma das máis potentes economicamente do lugar.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, habería que situalo nos derradeiros anos do século XVIII (debe situarse antes de 1800). Orixinariamente, este hórreo era idéntico ó resto dos do conxunto de A Lavandeira. Na década de 1940, os elementos fundamentais foron substituídos por unha especie de ladrillo policromado no canto dos balaústres. Actualmente en uso.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que habería que limpar o entorno, moi abandonado.
Propiedade: segundo a ficha de Patrimonio, sería anterior a 1800, algo despois de rematado o conxunto de A Lavandeira. Obxecto de litixio durante anos por paso de carros e dereito de camiño.
Historia:
na leira circundante tense celebrado impresionantes esfolladas, motivo de litixio cos propietarios circundantes. Aínda hoxe se fala dese preito que tivo enfrontadas a varias familias do lugar.
Hórreo de Imo
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que non conserva os remates. Antes da súa rehabilitación estaba en estado ruinoso.
Propiedade:-
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, estaría datado datado entre 1754 e 1758, sendo o primeiro do conxunto da Lavandeira. Construído pola gavela de canteiros que construíu a Igrexa parroquial.
Hórreo de Imo
Estado de conservación:bo, restaurado hai uns anos, xunto cos do resto da Eira, aínda que non conserva a cruz.
Propiedade:-
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría dos derradeiros anos do século XVIII. Sen embargo, no pinche Sur é visible unha inscrición con unha data, que se supón é a de construción, 1915, aínda que podería ser a de reforma.