Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase en bo estado xa que foi restaurado.
Propiedade: privada, está nunha finca pechada, pero non puidemos localizar ao propietario nin a ningún veciño que tivese información do mesmo.
Historia:
non coñecemos a súa cronoloxía, aínda que pola tipoloxía puidera datar de principios do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase en bo estado de conservación aínda que está abandonado. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, ten dous propietarios: dous claros (o da parte da fronte e o do medio) de Gerardo Senén, e o resto dos fillos de Juan José Boja.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase en bo estado de conservación aínda que está abandonado e ten a madeira e a cubrición gastadas. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, dos fillos de Francisco Suárez.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira está en moi mal estado. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, de Lola Carlés.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase en bo estado, aínda que a madeira está bastante gastada.
Propiedade: privada, ten dous propietarios: un claro (o nprte) é de Mª Luísa do Pazo, e os outros dous claros son de Manuel Castro (o traseiro e o do medio).
Historia:
a propietaria non cre que teña cen anos, aínda que por tipoloxía parece antigo. Podería datar de comezos do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, abandonado, e coa madeira en malas condicións.
Propiedade: privada, de Nieves “A Xiralda”.
Historia:
a propietaria non cre que teña cen anos, aínda que por tipoloxía parece antigo. Dataría de principios do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, atópase abandonado, coa madeira en moi mal estado. Recoméndase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, de dous propietarios: José Ramos (claro e medio) e Gerardo Fernández “O Xarán” (o resto).
Historia:
segundo unha veciña tería máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante bo, foi restaurado.
Propiedade: privada, de Ramón Blanco Cortés.
Historia:
os veciños din que tería máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, abandonado, a madeira atópase moi mal conservada. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Maruja Gil e Ángeles Méndez.
Historia:
os veciños sinalan que ten máis de cen anos. Certamente semella ser moi antigo.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: os veciños sinalan que ten máis de cen anos. Certamente semella ser moi antigo.
Propiedade: privada, de Ramón Blanco Cortés.
Historia:
os veciños indican que é moi antigo.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, o teito está en mal estado, hai un tempo foi obxecto dunha pequena reforma. A madeira atópase moi deteriorada, é preciso mudala. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Elena Méndez (As Piruchas).
Historia:
a dona non tiña dispoñible a documentación. Fai anos intentaron pedir unha subvención para arranxalo, pero denegáronlla por falta de fondos. Parece antigo, de máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante bo, presenta a madeira algo gastada. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, ten varios propietarios: a metade é de Jorge Pérez Fariña (da Casa O Piñón) e a outra metade é de Teresa Cardama (vive en Noia).
Historia:
os veciños atribúenlle certa antigüidade. O propietario (Jorge Pérez Fariña) asegurou que ten máis de cen anos. Tipolóxicamente parece ser máis antigo.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en bo estado.
Propiedade: privada, de José Fragua (“O Paliquero”), veciño de Lestrobe.
Historia:
non conseguimos averiguar a cronoloxía deste hórreo, aínda que a tipoloxía e os propias veciños atribúenlle unha considerable antigüidade (tería máis de cen anos).
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en bo estado.
Propiedade: privada, de José Abelleira Torres, veciño de Lestrobe, cunha vivenda no entorno da Eira.
Historia:
non conseguimos averiguar a cronoloxía deste hórreo, aínda que a aúa tipoloxía e os propios veciños atribúenlle unha considerable antigüidade (tería máis de cen anos).
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira atópase en malas condicións.
Propiedade: privada, de Manuel Simón Diz.
Historia:
o propietario non coñece a súa cronoloxía nin posúe documentación que a clarifique. Non obstante a súa tipoloxía fai pensar nunha certa antigüidade, quizais de principios do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi malo, en situación de absoluto abandono e ruína.
Propiedade: privada, aínda que se descoñece o nome do propietario actual. Os veciños sinalaron que pertence a unha persoa que vive en Santiago de Compostela. Parece ser que ten varias denuncias do Concello para que limpe a finca. A casa á que pertence este hórreo está en estado ruinoso.
Historia:
descoñecemos a cronoloxía da construcción, pero pola súa tipoloxía poderí ter certa antigüidade.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, restaurado polo propietario hai uns anos.
Propiedade: privada, de Jorge Pérez Fariña.
Historia:
o dono indica que ten máis de cen anos, aínda que non posúe documentación que o acredite.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, preséntase alterado con materiais de construción moderna (uralita e ladrillo), sen remates e coa madeira en mal estado.
Propiedade: privada, de Ramón Mariño Ares.
Historia:
os propietarios sinalan que pertence á mesma época que o hórreo 2 de Lestrobe (por tanto, tería uns cen anos).
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante malo, con partes en ladrillo, a madeira en mal estado e cunha construción de ladrillo adosada ó norte.
Propiedade: privada, de Pilar Sara Torres Lestido.
Historia:
a propietaria que sería moi antigo, pero non puido especificar canto. Dataría de principios do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, parte da madeira está en malas condicións, hai partes restauradas con cemento, e a súa cubrición é de uralita.
Propiedade: privada, de Javier Castro Tourís.
Historia:
os veciños sinalan que debe ser antigo, como a casa, calcúlanlle que terá máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, recentemente restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Ernesto Fernández Susavila.
Historia:
os propietarios din que é un hórreo antigo, como a casa, que xa era dos seus bisavós. A construcción ten máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira foi restaurada hai poucos anos polos propietarios, pero presenta partes con cemento. O entorno está moi alterado, xa que no seu entorno construíronse galpóns de cemento, ladrillo e uralita.
Propiedade: privada, de Esclavitud Angueira.
Historia:
ten máis de 100 anos, xa existía cando a dona era unha nena.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos.
Propiedade: privada, de Josefa Vigo Garabal.
Historia:
un veciño dixo que debe ser moi antigo, pero non puido precisar canto. Dataría de comezos do século XX.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, debeu restaurarse recentemente.
Propiedade: privada, pertence á Casa O Piñón.
Historia:
supónselle a mesma antigüidade que a casa (finais do século XIX).
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase moi modificado con respecto á súa construción orixinal, introducíronsse materiais alleos á tradición construtiva popular, como son o ladrillo e o cemento. Inclúese neste inventario por formar parte do conxunto histórico da Eira dos Hórreos de Lestrobe.
Propiedade: privada, de Manuel Boga Antelo, veciño de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
a muller do propietario sinalou que este hórreo pertenceu antigamente a unhas velliñas que vivían nunha pequena casa de pedra situada ó NL da Eira dos Hórreos. Orixinalmente tiña dous claros e era de madeira, pero derrumbouse e as velliñas arranxárono e eliminaron un claro e fixéronlle unhas escaleiras. Posteriormente pasou a mans da nai do actual propietario. Debía ser moi antigo pero actualmente defire moito da súa forma orixinal.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: en xeral bastante bó, agás pola parte superior de cemento dos penais que lle engadiu o propietario para gañar en altura.
Propiedade: privada, de Manuel Ramos, veciño de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
unha veciña sinala que hai uns anos viñeron da Xunta a arranxar os hórreos 14.4 e 14.6 da Eira pero non chegaron a un acordo co propietario para restaurar este hórreo por ter unha parte engadida de cemento.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante modificado, co corpo de cemento.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
este hórreo foi herdado pola actual propietaria dos seu pais en 1998. As partes de cemento foron obra dunha remodelación realizada polos avós da propietaria.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado hai uns anos pola Xunta de Galicia.
Propiedade: privada, de María Rosa Ramos e Manuel Ramos, veciños de Lestrobe.
Historia:
o propietario non puido concretar a cronoloxía do hórreo, pero sempre o recorda aí, debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi malo, só conserva a repisa de cachotería de granito. Inclúese neste inventario por formar parte orixinalmente do conxunto histórico da Eira dos Hórreos de Lestrobe.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
a actual propietaria comprou o lugar de implantación en 1992 a Camilo Seoane Framil. No documento de compra sinálase que é un “hórreo de entrojar maíz de dos claros o estallos en mal estado de conservación, enclavado en el punto denominado Eira dos Pastillos”.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos pola Xunta de Galicia.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos e propietaria tamén dos hórreos nº 14.3 e 14.5.
Historia:
comprouno Hortensia Janeiro e o seu marido José Castro Castro en 1976 a Enrique Boga Mosquera.
Hórreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en diferentes estados, sendo os mellor conservados os números 14.2 e 14.4. Recomendaríase o acondicionamento do entorno dos hórreos e da propia eira, moi descoidada.
Propiedade: pertencen a diferentes veciños de Lestrobe, especificándose o seu nome na ficha correspondente a cada un dos hórreos que conforman a Eira.
Historia:
orixinalmente esta eira de sete hórreos, conservándose actualmente 5. Un deles, o máis grande (tres claros) foi desmantelado para facer un garaxe privado con cemento e ladrillo, e estaría localizado no ángulo NE da Eira. O outro (nº 14.5) tan só conserva o seu emprazamento, sendo visibles restos correspondentes á repisa onde asentaba a construcción.