Hórreo de A Devesa
								Estado de conservación: bo, aínda que sería preciso limpar a pedra e cambiar algunha madeira. O ciclón Hortensia tirou a cruz, que foi colocada de novo.
								
								Propiedade: privada, de Consuelo Rey.
								Historia:
								segundo a ficha de Patrimonio, é de 1931, data figura no frontispicio. Pero durante este estudo non se puido contrastar esta cuestión e a propietaria do hórreo indicou que tería máis de cen anos, xa que a súa nai que faleceu hai bastante tempo aos 104 anos de idade, non recorda a súa construcción.
							
Hórreo de A Devesa
								Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira por ladrillo, introducindo tamén este material nos gabinetes e o cemento no encintado das cepas.
								
								Propiedade: privada, de Francisco Bustelo Veigón.
								Historia:
								no frontispicio norte, aínda que bastante gastado, pódese intuír a data, 1911, que é a que recolle a ficha de Patrimonio. Orixinalmente este hórreo atopábase na costa, sendo trasladado a este lugar cando se fixo a nova pista asfaltada.
							
Hórreo de A Devesa
								Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira por ladrillo, introducindo tamén este material nos gabinetes e o cemento no encintado das cepas.
								
								Propiedade: privada, de Rosa Baleirón Tobío.
								Historia:
								segundo a ficha de Patrimonio, dataría de principios do século XX, probablemente de antes de 1920. Non obstante, o xenro da propietaria díxonos que este hórreo ten máis de cen anos. A cruz que ten actualmente non é a orixinal, cambiarona.
							



