Hórreo da Igrexa / Hórreo da Casa Reitoral
Estado de conservación: moi malo coa madeira e a cubrición en estado ruinoso (sobre todo o claro do sur). Aínda gardan millo nel. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: os dous claros do norte son de Guillermo Castro Rodríguez; os dous claros do medio pertencen a Ángel Barros; e o claro do sur é de propiedade eclesiástica.
Historia:
orixinariamente todo o hórreo pertencía á casa reitoral xunto cunha gran extensión de terreo. Non obstante, hai uns anos uns veciños comezaron a mercar diversas leiras situadas xunto á reitoral e con elas pasaron a ter propiedade en partes do hórreo. Cronoloxicamente, tería a mesma antigüidade que a casa reitoral e a igrexa parroquial, construídas a mediados do século XVIII.
Hórreo da Igrexa
Estado de conservación: bo, os propietarios cambiáronlle a madeira e a cubrición. Os remates actuais non son os orixinais, son de cemento. Primitivamente tiña unha cruz moi bonita, pero desapareceu cando os propietarios desmantelaron o hórreo para desprazalo uns metros.
Propiedade: privada, de Ofelia Reboiras Lorenzo.
Historia:
di a propietaria que ten máis de cen anos, xa que a casa, co hórreo e o pombal comprouna o seu avó cando veu de Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, recordaba sempre a casa xunto co pombal e o hórreo. Antigamente o hórreo estaba situado uns metros máis ao Sur, pero ao facer a actual pista asfaltada tiveron que desprazalo uns metros cara o interior da finca.
Hórreo da Igrexa
Estado de conservación: malo, apenas conserva os balaústres de madeira, e os que mantén están en moi malas condicións. A cubrición orixinal foi substituída por uralita. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Esther Abuín Abuín.
Historia:
di a propietaria que é moi antigo, que ten máis de cen anos pois a súa nai (de máis de noventa anos de idade) non recordaba facer o hórreo. Pola factura parece, certamente, de certa antigüidade.