Hórreo de Bexo
Estado de conservación:
malo, con parte da cubrición de tella en moi mal estado. Introduce materiais de construción moderna, como son o ladrillo e o cemento para o peche dos gabinetes e dos claros, e a uralita como cubrición da metade do hórreo.
Propiedade: privada, de Ricardo Pérez Barreiro.
Historia:
unha veciña consultada, xa non recordaba a construcción deste hórreo. Indicou que orixinalmente pertencía a unha familia coñecida como Os Carleses. Parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, pertencía a principios do século XX.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: malo, con partes refeitas, como é o pedestal, e coa introdución de materiais de construción moderna como o ladrillo, no claro central, o cemento, no encintado, e a uralita, na cubrición.
Propiedade: privada, de Ramona de Biturro e Consuelo Maio (víuva de Ramón Vidal).
Historia:
parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, sería de mediados da década de 1920 (sobre 1925).
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: regular, aínda que a madeira foi renovada recentemente e a cubrición se atopa en bó estado, introduce materiais de construción moderna, como o ladrillo.
Propiedade: privada, de José Ramón Rodríguez.
Historia:
segundo o fillo do propietario, tería máis de cen anos. A ficha de Inventario de Patrimonio sinala que, dataría de 1927, por analoxía con outros hórreos.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: bastante bo, agás pola presenza de uralita na cubrición, debaixo da tella, e da madeira algo gastada polo paso do tempo. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Esther Rial e de Francisco Conde García (Paco dos Outeiros).
Historia:
privada, de Esther Rial e de Francisco Conde García (Paco dos Outeiros). Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: moi malo, faltálle a madeira dos claros, a cubrición de tella, así como parte do entramado. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Divina Ordóñez Buela e Jesús Villanustre.
Historia:
segundo os veciños, sería antigo, seguramente de máis de cen anos. Na ficha de Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, do 1927 (polas cabeceiras).
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: regular, coa madeira e a tella en mal estado. Sería preciso limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Carmen Rey.
Historia:
os veciños consultados aseguran que é antigo, tería máis de cen anos. Neste lugar facíase a malla, nunha extensa eira situada ó SL deste hórreo e do hórreo 7 de Bexo. Esta construcción aínda está en uso, alugada a unha veciña de Bexo.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: malo, con parte da cuberta de tella en moi mal estado e coa introdución de materiais de construción moderna, como o ladrillo e o cemento, para o peche dos gabinetes e dos claros, e a uralita para a cubrición da metade do hórreo.
Propiedade: privada, de Ricardo Pérez Barreiro.
Historia:
unha veciña, duns setenta e pico anos, non recordaba a construcción deste hórreo. Díxonos que orixinalmente pertencía a unha familia coñecida como Os Carleses. Calcúlaselle que ten máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX (por analoxía) con outros hórreos.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado, non conservando os remates e coa substitución da tella do país por uralita na cubrición. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Dolores Franco Buela.
Historia:
a propietaria indicou que é moi antigo pois deixáronllo en herdanza os seus avos aos seus pais. Tería máis de cen anos.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa introdución de materiais de construción moderna como o cemento nos claros e a uralita na cubrición. A madeira que aínda se conserva atópase en malas condicións. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Nélida Vidal Abuín, Juan Abuín Collazo e herdeiros de José Mariño González.
Historia:
segundo unha das propietarias, trátase dun hórreo moi antigo, de máis de cen anos. Na ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, da década de 1920.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa introdución de materiais de construción moderna, como o cemento e a uralita. A madeira atópase en mal estado, así coma a cubrición de tella. Recoméndase encarecidamente a súa restauración, xunto co hórreo 9 de Bexo.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Dina Mariño, Nélida Vidal Abuín, Ramona Vidal Collazo, Maximino Rodríguez Borrazás, Ramona Rey Lorenzo, Josefina Abuín Rey, Ramona Rey Lorenzo (medio claro) e Juan Abuín Collazo (medio claro).
Historia:
segundo unha das propietarias, trátase dunha construcción moi antiga, de máis de cen anos. Na ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX. É o hórreo máis grande do concello.
Hórreo de Bexo
Estado de conservación: bo, aínda que cambiar a madeira, gastada polo paso do tempo, e limpar a pedra sería preciso. A cubrición, de tella do país, foi renovada. O peor é a presencia do encintado de cemento na repisa. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Ramona Lorenzo Mariño (viúva de Francisco Conde García).
Historia:
segundo os veciños, este hórreo tería máis de 150 anos, pertencendo a unha casa moi antiga. Na ficha de Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX, non despois de 1913.