Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: moi malo, en estado ruinoso e de absoluto abandono. Recoméndase restauración.
Propiedade: é de varios propietarios: Carmen Reboiras (claro Norte), herdeiros de Enrique Vigo (claro do medio) e Cesáreo Vidal e Alfredo Susavila (claro Sur).
Historia:
os veciños aseguran que é moi antigo, sendo o mellor ou dos mellores exemplares existentes na aldea. Tería máis de cen anos.
Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: bó, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, María Vigo Citoula.
Historia:
dí a propietaria que debe ser antigo, que ela ten oitenta e pico de anos anos e non lle acorda cando o fixeron. Dataría de principios do século XX.
Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, María Rosa Romero Oubiña.
Historia:
unha veciña di que debe ser antigo, aínda que non precisou cronoloxía. Dataría de principios do século XX.
Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: regular, a madeira está en bastante mal estado, así como a cubrición. Fáltalle un dos remates. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Carmen Reboiras.
Historia:
din os veciños que é moi antigo, máis de cen anos; unha das veciñas asegura que debe ser o máis antigo da aldea. Orixinalmente tiña dous claros, pero caeu un e, despois de arreglalo, quedou cun só claro.
Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillo, e fáltalle a porta do penal frontal. A cubrición tamén está reformada, sendo de uralita.
Propiedade: privada, de Cruz Pérez Pérez.
Historia:
a propietaria non soubo concretar a súa cronoloxía, pero pola súa factura podería andar polos cen anos. Hai cousa dun mes lle puxeron ladrillo.
Hórreo de Dodriño
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillo. A cubrición tamén está reformada, sendo de tella plana.
Propiedade: privada, de Manuel Moreira Morales.
Historia:
os veciños non nos souberon concretar a súa cronoloxía, pero pola súa factura podería andar polos cen anos.