Hórreo de Vigo
Estado de conservación: atópase abandonado, a cubrición e a madeira están en mal estado. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: o matrimonio formado por María Citoula Baleirón e Guillermo Torres, e Carmen Torres (claro norte).
Historia:
a filla dunha das propietarias di que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a cronoloxía exacta. A súa avoa recorda o hórreo cheo de millo ata arriba. Hai uns anos quixeron arranxalo, pero por problemas técnicos non puideron facelo. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva a cubrición nin os remates.
Propiedade: privada, de Carmen Torres.
Historia:
a propietaria non soubo precisar a súa cronoloxía, pero coida que é antigo, aínda que non tanto como o hórreo 1 de Vigo, que está ao outro lado da pista.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, a cubrición e a madeira están en mal estado. Aínda se usa para gardar o millo.
Propiedade: privada, de Santiago Calvo Pérez.
Historia:
di o propietario que o fixeron os seus bisavós. Tería, pois uns cen anos.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: malo, abandonado e cuberto de vexetación. A parte inferior (repisa e gabinetes) están feitos en cemento e ladrillo.
Propiedade: privada, de Xurxo Piñeiro Tobío.
Historia:
o propietario non foi capaz de precisar a súa antigüidade. O seu tamaño e á existencia de dúas portas laterais, lévanos a pensar que orixinariamente este hórreo tivo máis dun propietario, como mínimo dous.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: o propietario non foi capaz de precisar a antigüidade deste hórreo. O seu tamaño e a existencia de dúas portas laterais, fai pensar que orixinariamente tiña máis propietarios, como mínimo dous.
Propiedade: privada, de dous propietarios: unha é Carmen Magariños (claro do norte); do outro propietario descoñecemos o nome, comproulle a casa coa súa parte do hórreo a Rosa Manselle, antiga propietaria.
Historia:
a propietaria asegura que é moi antigo, sendo o máis ou dos máis antigos da aldea de Vigo, aínda que non puido precisar a súa cronoloxía. Parece que veu do Araño, tróuxoo un veciño dende alá debido a que tiña dúas fillas casadas en Vigo, sendo un claro para cada unha. Tería máis de cen anos.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: bastante malo, a pedra está partindo (o que indica a súa antigüidade), non conserva a cubrición nin a cruz e a madeira atópase arruinada. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Ventura Romero e Paulina Boga.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos. A factura ruda que presenta corroboraría esta afirmación.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, fáltalle a madeira dun claro e os gabinetes están pechados con ladrillo. Precisaríase cambiar a madeira e a cubrición. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: tres claros son de María Eulalia Romero Mariño, e o claro sur é dos herdeiros de José Grela.
Historia:
o propietario di que é moi antigo, tería máis de cen anos.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: malo, moi alterado con elementos de construción moderna como o ladrillo substituíndo a tradicional madeira. Na parte traseira, a escasos centímetros, hai un galpón de cemento.
Propiedade: privada, de José Lampón Pérez.
Historia:
pola estrutura parece antigo, aínda que actualmente ten os claros pechados con ladrillo.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: bastante bo, unicamente as madeiras están en peor estado.
Propiedade: privada, pertence a Luisa e Ramiro Torres.
Historia:
é un hórreo antigo, como a casa, vivenda tradicional do século XIX. Na fronte do hórreo pon a data pero actualmente é ilexible.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva a cubrición nin os remates e introduce materiais de construción moderna, como o ladrillo ou o cemento.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Manuel Boga Pérez e Paulina Boga Blanco.
Historia:
os propietarios non poden concretar a súa cronoloxía pero din que ten moitos anos. A súa tipoloxía permite pensar nunha certa antigüidade para este hórreo.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, restaurado hai poucos anos polos propietarios. Introduce materiais de construción moderna, como o ladrillo e o cemento.
Propiedade: privada, de Rosa María Pérez Pérez.
Historia:
a propietaria pensa que debe ser antigo posto que o recorda toda a vida alí.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: malo, non conserva a cubrición nin a madeira, introduce materiais de construción moderna (ladrillo e cemento). Así mesmo, localízase inmerso entre novas construcións destes materiais.
Propiedade: privada, de Juan Pérez Tourís.
Historia:
o avó do propietario comprou esta casa xa co hórreo, pero reformouno, substituíu os balaústres de madeira dos claros por ladrillo.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva os soportes nin a cubrición, introducindo materias de construción moderna (como o cemento). A madeira está en pésimo estado de conservación. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Martín Buján. Trátase dun matrimonio novo que comprou recentemente a casa xunto co hórreo.
Historia:
un familiar dos anterioress propietarios (duns 70 anos) sinalou que este hórreo é moi antigo, que pertence aos seus bisavós,que proviñan dunha familia de moito diñeiro (di que “contaban as onzas de ouro por ferrados”). A factura do van da porta no penal frontal e a decoración insculpida no pinche, indícanos que esta construcción efectivamente foi realizada por unha familia moi podente. Tería máis de cen anos.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: malo, a madeira está moi arruinada e os soportes de pedra apenas se conservan, refeitos con ladrillos. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de José González Collazo (“ O Telleiro”), de Padrón.
Historia:
parece bastante antigo, de moi boa factura. De finais do século XIX ou comezos do XX.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado nos anos oitenta polos anteriores propietarios.
Propiedade: privada, de José Boullón Pérez.
Historia:
no frontispicio pon a data de construción: 1874.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado de abandono e ruína, así como a finca na que se insire. Apenas conserva a madeira e a cubrición. Atópase totalmente cuberto de vexetación.
Propiedade: privada, de Dolores Romero Morales, actualmente residente en Francia.
Historia:
ningún veciño soubo concretar a antigüidade deste hórreo. A súa feitura en madeira, agás nos soportes e a cimentación, fai pensar nunha certa antigüidade.
Hórreo de Vigo
Estado de conservación: pésimo, en absoluto estado de abandono e ruína. A madeira está en moi mal estado, así como a cubrición. A finca e a casa á que pertence teñen tamén aspecto de abandono.
Propiedade: privada, de Vicente González Catoira.
Historia:
os veciños consultados non conseguiron concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que a súa feitura en madeira fai pensar nunha certa antigüidade. Dataría de comezos do século XX.