Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado e a cubrición con algo de vexetación.
Propiedade: privada, de Mario Tarrío Rodríguez.
Historia:
os veciños non souberon concretar a data de construcción deste hórreo, aínda que pensan
que pode ser antigo, posto que recordárono aí toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición precisan arranxos.
Propiedade: privada, de Carmen Rodríguez Reboiras.
Historia:
os veciños non souberon concretar a antigüidade, pero recórdano aí toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: malo, está abandonado. A madeira e a cubrición atópase en malas condicións, e o hórreo está cuberto de vexetación.
Propiedade: privada, de Gumersinda Tourís.
Historia:
os veciños non souberon concretar a antigüidade, pero recórdano aí toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en estado de abandono e ruinoso. Non conserva nin as madeiras nin a cubrición.
Propiedade: privada, de Carmen Ferro.
Historia:
os veciños sinalan que ten moita antigüidade, máis de cen anos.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, pois pese a que foi restaurado polos propietarios, ten outras estruturas de cemento adosadas.
Propiedade: privada, de Amadeo Silva.
Historia:
os propietarios non coñecen con certeza a antigüidade deste hórreo pero pensan que podería ter máis de cen anos. Non obstante o tipo de remates indicarían que tería algo menos de tempo (setenta ou sesenta anos).
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en situación de abandono e ruína. Case non conserva as madeiras, e as que aínda ten, atópanse en moi malas condicións. A cubrición presenta un pésimo estado. Parte da súa estrutura está cuberta por vexetación. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, da familia de Fernando Vila Brión.
Historia:
os veciños creen que ten moita antigüidade, máis de cen anos.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en situación de abandono e ruína. Apenas conserva un penal co seu pinche, a cimentación en forma de repisa co arco de medio punto e as escadas para acceder ao interior. Atópase cuberto de vexetación. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Aurelio Abuín Somoza e Carmen Ferro.
Historia:
unha veciña indicou que era moi antigo, que podería ter máis de cen anos.