Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, xa que introduce materiais de construción moderna, como a uralita e o cemento.
Propiedade: privada, de José Abuín Blanco.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos, recordao de toda a vida, pero que foi
cambiado de sitio, xa que antes estaba no centro da aldea.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, a madeira foi substituída por ladrillo, e a cubrición atópase en malas condicións. Introduce, así mesmo, ladrillo nun dos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra e o entorno.
Propiedade: privada, de Manuela Viturro Rodríguez.
Historia:
parece que tería máis de cen anos, aínda que a filla da actual propietaria non foi capaz de precisalo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: bo, parece que a repisa e as cepas foron rehabilitadas. Sería preciso mudar a madeira.
Propiedade: privada, de Alfredo Otero Río.
Historia:
unha veciña sinalou que debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios, a madeira e a cubrición foron renovadas.
Propiedade: privada, de María del Carmen Viturro González.
Historia:
o hórreo construiuno o tataravó da actual propietaria. Ela herdouno do seu pai, que naceu en 1910, polo que estamos a falar dunha idade de preto de 150 anos para este hórreo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira e a cubrición en mal estado. Os gabinetes están pechados con ladrillo e a pedra moi manchada. Vese abandonado.
Propiedade: privada, de María Abuín.
Historia:
non souberon concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que parece que é antigo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado e con introdución de materiais de construción moderna, como o ladrillo e o metal nos gabinetes ou a uralita na cubrición. A pedra precisaría dunha limpeza. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Pilar Otero Río. Parece que orixinariamente o dono formaba parte dunha familia moi rica de Manselle, sendo coñecido como “O Señorito”.
Historia:
segundo comentan os veciños, tería máis de cen anos. Por tipoloxía tamén parece ser antigo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, precisaríase renovar a madeira e a cubrición, así como limpar a pedra. Introduce ladrillos nos gabinetes.
Propiedade: privada, de Manuel Rodríguez Río.
Historia:
dí a muller do propietario que non sabe precisar a cronoloxía deste hórreo, pero que debe ser antigo. Por tipoloxía parece de finais do século XIX ou comezos do XX.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, a madeira foi substituída por ladrillos, que tamén son visibles nos gabinetes.
Propiedade: privada, de Luís Rial.
Historia:
por tipoloxía parece ter máis de cen anos. De feito, no pinche frontal pode lerse unha data, aínda que está moi borrada: (...)93.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, é preciso renovar a madeira e limpar a pedra. Tamén introduce materiais de construción moderna, como o ladrillo nun gabinete e a uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de Otilia Rodríguez.
Historia:
os veciños non souberon concretar a súa cronoloxía. Por tipoloxía, este hórreo parece ter máis de cen anos. Atópase aínda en uso.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado e a pedra moi sucia ao igual que a cubrición. Con materiais de construción moderna, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes. O ladrillo substituiu a porta de madeira frontal e empregouse uralita na cubrición. O remate da cruz está incompleto, faltándolle un brazo.
Propiedade: privada, de Ricardo Viturro Rodríguez.
Historia:
os propietarios e veciños aseguran que é moi antigo, de máis de cen anos. Por factura parece selo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, coa incorporación de materias de construción moderna, como o cemento e o ladrillo nos gabinetes. A madeira e a cubrición foron renovadas polos propietarios.
Propiedade: privada, de Avelina Rodríguez.
Historia:
parece, segundo a filla da propietaria, que dataría de 1908 ou 1909.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, foi substituída por ladrillos. Así mesmo, a cubrición de tella desapareceu, actualmente é de uralita. Introduce tamén ladrillos e cemento nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de María Teresa Diz Rial.
Historia:
no penal sur é visible unha data, suponse que a de construción: 1811.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición están en mal estado, sobre todo no claro do medio, que apenas as conserva. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: María Teresa Diz Rial, Elena Rodríguez e un terceiro do que non coñecemos a identidade.
Historia:
no penal traseiro é visible unha data inscrita, supomos que é a de construción: 1842.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, é preciso renovar a madeira e a cubrición, así como limpar a pedra. O entorno está moi abandonado. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Manuel Sóñora.
Historia:
os veciños sinalan que se é un hórreo moi antigo. Por tipoloxía tería máis de cen anos.