Hórreo de Revixós
								Estado de conservación: regular, con partes en cemento. A madeira e o tellado foron restaurados polos propietarios hai uns anos.
								
								Propiedade: privada, ten dous propietarios: un claro e dous gabinetes son de Beatriz Romero González e o resto é de María Mariño González.
								Historia:
								di unha das propietarias que ten máis de cen anos, xa que era dos seus bisavós.
							
Hórreo de Revixós
								Estado de conservación: malo, con partes en cemento, ladrillo e elementos metálicos; a madeira foi restaurada en parte, a restante atópase en malas condicións.
								
								Propiedade: privada, de dous propietarios: Carmen Pérez e José Pérez.
								Historia:
								din os veciños que sería moi antigo, aínda que non precisaron anos. Dataría de principios do século XX.
							
Hórreo de Revixós
								Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado e partes en cemento.
								
								Propiedade: privada, de Francisco Calvo Pérez.
								Historia:
								segundo o irmán do propietario e un veciño, tería máis de cen anos. Parece que foi trasladado aquí dende outro lugar.
							
Hórreo de Revixós
								Estado de conservación: malo, coa madeira moi gastada (aínda que o propietario José Baleirón foi arranxándoa ao longo dos anos) e coa pedra a piques de partir. Apenas se realizaron reparacións nas tellas e na madeira. Recoméndase encarecidamente a súa restauración, por ser dos exemplares máis antigos localizados no concello.
								
								Propiedade: José Baleirón Pérez; os fillos de Manuel e José Pérez Romero; Manuela Pérez Romero e Ramona Susavila Pérez.
								Historia:
								di un dos seus propietarios que terá máis de cen anos seguro e que quizais incluso se aproxime aos douscentos. Realmente a factura é moi primitiva e ruda. Sería o máis antigo da aldea e dos máis antigos do concello. Quixérono comprar e tamén tentaron roubar a cruz en varias ocasións.
							
Hórreo de Revixós
								Estado de conservación: malo, con partes en cemento e ladrillo.
								
								Propiedade: privada, actualmente de Josefa Baleirón González. Antigamente era de varios propietarios.
								Historia:
								a actual propietaria non soubo concretar a súa antigüidade, pero cre que terá máis de cen anos.
							







