Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: moi bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Consuelo Torrado e Clemente Méndez Castaño.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, pois que o recorda o seu sogro, ten máis de cen anos. O tamaño do hórreo e o feito de que pertencense a unha soa persoa indica que se trataba dunha familia moi podente con moitas leiras.
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: regular, abandonado. A madeira e a cubrición atópanse en mal estado, e está cuberto de vexetación, aínda que se limpou recentemente. A finca na que se insire tamén está abandonada, así como a casa á que pertence.
Propiedade: privada, de María Felicitas Santiso Castaño e Fernando Vila Brión.
Historia:
parece que ten entre 70 e 80 anos, pero pola súa factura coidada incluíuse neste estudo.
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición están en mal estado, e as cepas reconstruíronse en parte con cemento.
Propiedade: privada, de Carmen Bustelo Reboiras.
Historia:
di a propietaria que debe de ter máis de cen anos.
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: malo, atópase nun entorno abandonado. Non conserva a cubrición nin os remates e a madeira está en malas condicións.
Propiedade: privada, de José Brañeiro.
Historia:
é de factura semellante ao hórreo 3, pode ter certa antigüidade.
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: moi bo, restaurado.
Propiedade: privada, de José Castro Carou.
Historia:
o hórreo pertence a unha casona de pedra, actualmente restaurada, que debeu ter gran poderío económico. Non parece tratarse dun hórreo especialmente antigo, aínda que pola súa tipoloxía merece incluírse no estudo.
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: bastante bo, a madeira e a cubrición foron restauradas. Presenta materiais de construción moderna nos gabinetes (ladrillo).
Propiedade: privada, de Teresa Regueira Fabeiro.
Historia:
a propietaria di que terá máis de cen anos, foi desprazado uns metros da súa localización orixinal (na mesma parcela).
Hórreo de Rialiño
Estado de conservación: mala, con ladrillos pechando os gabinetes, os claros e a porta frontal. Ten instalada unha antena de televisión no penal traseiro.
Propiedade: privada, de Cesáreo Castaño Sóñora.
Historia:
segundo os veciños e os propietarios tería moita antigüidade. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.